Benvid@s!
Argallei este sitio web como vía para organizar e brevemente resumir a miña traxectoria artística.
Aquí presento os grupos dos que formo parte e a algunhas das persoas con quen teño compartido e comparto moitos e moi bos momentos musicais ademais de un sinfín de vivenzas sempre estupendas e enriquecedoras.
Poderedes ver algunhas das miñas fotos favoritas (tamén videos), e no apartado de "curiosidades", certas xoias que non sabería clasificar!!
E todo contribuirá a que me coñezades un pouco mellor, mais quede este xesto libre de calquera interpretación pouco afortunada allea á verdadeira intención deste escaparate.
Enténdase isto, como unha ferramenta de traballo máis, lonxe de calquera outra ansia ou pretensión.
Grazas pola visita e ata pronto!!
Ana Leira
Leira Catro: Cuarteto de jazz vocal (voz, piano, contrabaixo e batería) cun repertorio aberto e adaptable a todo tipo de momentos. Standards de jazz, bossa nova e composicións orixinais, que fan do directo unha boa ocasión para disfrutar dun concerto cheo de frescura e apto para todos os públicos.
Faltriqueira: Grupo vocal feminino que conta cunha longa traxectoria artística que encadramos no apartado das "músicas do mundo". Podedes atopar toda a información acerca desta banda na web www.faltriqueira.com
LeManiot: Cuarteto de jazz vocal (acordeón, contrabaixo, percusión e voz) que conta no seu repertorio con temas de todos os tempos e calquera lugar, ademáis de standards de jazz e composicións propias que son interpretados coa singularidade que aporta a conxugación destes catro instrumentos.
Palitroke: (Para o público máis novo) Frautas, mandolina, mandola, guitarra, baixo, percusións e voz son os ingredientes deste quinteto composto por distintos caracteres procedentes de diversos ámbitos e estilos dos que se constitúe o panorama musical actual. Se vos interesa, podedes visitar o blog grupopalitroke.blogspot.com
A música dos contos: Cantos e contos que espertarán o interese musical melódico, harmónico e rítmico dos máis pequenos, facéndoos sempre partícipes e protagonistas indispensables do espectáculo.